Servizo de bus especial este sábado para acudir á ‘caldeira’
Con motivo da celebración do partido de baloncesto do Monbus Obradoiro o sábado 8 de novembro ás 18.30 horas no multiusos Fontes do Sar, haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa a partir das 17.30 horas.
Líder Redacción
4 de noviembre de 2025 a las 21:35
A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 17:30, 17:45, 18:05 e 18:15.
As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.
Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.
Máis información na web de Tussa.



