Santiago tamén enmudece polo terrible incendio de Valencia
Líder Redacción
26 de febrero de 2024 a las 13:59
Líder Redacción
26 de febrero de 2024 a las 13:59
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio polas persoas falecidas no incendio de Valencia do pasado 22 de febreiro.
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou no acto, ao que tamén se sumaron outros/as integrantes da Corporación e persoal municipal. O minuto pechouse cun aplauso.
O Concello de Santiago pretende con este minuto de silencio trasladar o seu apoio e solidaridade ás familias das vítimas e ás persoas afectadas polo incendio no edificio no barrio do Campanar de Valencia, que tivo lugar o pasado 22 de febreiro.
Recibe las noticias en tu correo.