Santiago manterá a bonificación complementaria no transporte urbano
29/12/2023.- O Concello de Santiago manterá en 2024 a bonificación complementaria do transporte urbano, que se suma á bonificación aprobada polo Goberno do Estado. Desta maneira, o prezo do billete con bono ordinario manteráse nos 0,30 euros, e o bono mensual seguirá custando 13 euros.



