Santiago estrea un programa de asesoramento a persoas migrantes
A través deste programa, o persoal técnico da Asociación de Migrantes de Galicia, AMIGA, prestará asesoramento ás persoas migrantes, emigrantes retornadas, ou solicitantes de protección internacional, e realizará un seguimento personalizado da súa situación. Ademais das consultas máis xenéricas, atenderánse cuestións relacionadas con procesos de desafiuzamentos, recursos contra denegacións de autorizacións ou contra ordes de expulsión, ou cos procedementos administrativos para o acceso á nacionalidade española. O obxectivo é facilitar unha atención específica a través dunha entidade, AMIGA, que está especializada no fenómeno migratorio e que conta con personal técnico cunha ampla experiencia neste eido, tanto no labor de asesoramento como na práctica administrativa e xudicial.
Líder Redacción
12 de febrero de 2025 a las 17:06
A atención prestarase de maneira presencial na oficina da UAMI, no edificio Cersia de San Lázaro, reforzando o traballo do persoal técnico municipal, e tamén haberá asesoramento telefónico. O programa desenvolveráse ata finais de outubro.