ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoNoticia Líder

«Santiago é unha cidade segura», coinciden BNG, CA, PP e PSOE… antes de discrepar en todo o demais

No primeiro Hai Debate, os representantes do BNG, PP, PSdeG-PSOE e Compostela Aberta analizaron con intensidade o estado da seguridade en Santiago. A falta de efectivos na Policía Local e no corpo de bombeiros protagonizou un encontro onde cada forza fixo o seu diagnóstico e lanzou propostas… e tamén reproches.

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de noviembre de 2025 a las 14:16

Compartir

As tensións non faltaron: Adrián Villa (PP) acusou ao Goberno local de “desatención” e “mentir sobre os efectivos reais”, mentres María Rozas (CA) advertiu que “mesturar todo é irresponsable e crea unha imaxe irreal de Compostela”. O PSOE propuxo máis prazas e mellor planificación. O BNG defendeu que “Santiago é segura” e puxo o foco na “limitación legal para contratar máis persoal”.

O novo espazo de debate político en Santiago, «Hai Debate», estreouse cun tema quente: a seguridade na cidade. Representantes das catro forzas con presenza no Pazo de Raxoi —BNG, PP, PSdeG-PSOE e Compostela Aberta— compartiron diagnósticos e propostas, pero tamén protagonizaron momentos de tensión e cruzamento de acusacións. A cuestión do parque de bombeiros, a Policía Local e a percepción cidadá foron os puntos principais do encontro.

Xesús Domínguez (BNG) abriu a súa intervención asegurando que “non hai unha falta de seguridade en Compostela, é unha cidade moi segura”, e destacou os esforzos do goberno local por incrementar a plantilla: “Pasamos de 53 a 56 bombeiros, tras anos limitados pola taxa de reposición imposta polo Goberno de Rajoy en 2012”. Insistiu en que “o parque de bombeiros non estivo pechado en ningún momento”, e que “a coordinación entre parques comarcais funciona”.

Sindo Guinarte (PSdG-PSOE) intentou tender pontes, recoñecendo que “a cidade é segura, pero hai problemas que se mesturan e deben abordarse con rigor: ocio nocturno, drogas, senfogarismo”. Apuntou que a “subdelegación do Goberno e a Policía Nacional están traballando activamente”, pero lamentou que “o Goberno municipal chegou tarde á convocatoria de novas prazas”, e esixiu “resolver de inmediato o conflito coas horas extra”.

Adrián Villa (PP) puxo en dúbida estas afirmacións e foi contundente: “A noite de Halloween non había patrullas. Os bombeiros hoxe son catro. Santiago está desprotexida”. Criticou que “as cámaras de seguridade do casco histórico non graban” e acusou ao Goberno local de “non pagar as horas extra”. Rematou dicindo que “menten cando din que a taxa de reposición impide contratar”, e pediu solucións inmediatas.

 

María Rozas (Compostela Aberta) pediu evitar a dramatización e a confusión: “Non se pode mesturar todo. Santiago é unha cidade segura, con menos delitos ca en 2014”. Subliñou que “os delitos aumentados son as estafas por internet, non a criminalidade na rúa”, e pediu responsabilidade política: “Xerar medo con discursos sen datos é perigoso”. Tamén compartiu a preocupación polo persoal: “O número de efectivos está moi por debaixo do ideal”.

🎙️@maria_rzs: “As administracións municipais temos un corsé que nos ven imposto pero que en ocasións é ridículo. A taxa de reposición impediunos contratar máis persoal coa desculpa do aforro, pero sí nos deixan gastar máis para pagar horas extras”

— Compostela Aberta (@compostelaberta) November 10, 2025

O debate tivo momentos tensos, especialmente entre Rozas e Villa. A representante de Compostela Aberta criticou que “se pretenda culpar de todo ao goberno municipal” e cualificou de “ridículo” que non se poida contratar máis persoal pero si pagar horas extra. “Estamos nun marco que non fixemos nós, pero que temos que cumprir”, afirmou. Villa acusouna de “non querer escoitar”, e ela retrucou que “non se pode facer política sen memoria”.

O formato «Hai Debate» nace así como un espazo plural e directo para coñecer as posturas dos partidos con representación en Raxoi. Un inicio eléctrico, con contido de sobra para seguir debatendo… e tomando nota.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

hai debatepoliticaSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago