ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaSociedad

Santiago acolle a presentación da quinta edición do Festival SiSONS

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de octubre de 2025 a las 16:37

Compartir
  • O Festival SiSONS Enclave Musical celebrou esta mañá no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, a presentación da súa quinta edición, que se desenvolverá do 15 ao 18 de outubro en distintos espazos da cidade

No acto participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil, xunto con representantes do resto de entidades colaboradoras: o subdelegado do Goberno en A Coruña, Julio Abalde; a responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; o director do Auditorio de Galicia, Xaquín López; o director da SGAE na zona noroeste, Miguel Diéguez; e o director do festival, José Francisco Saavedra.

Organizado pola empresa MusicArte e a Asociación Cultural Tres por Catro, o SiSONS é un festival con vocación profesional que combina programación aberta ao público e encontros para o sector musical.

A programación desenvolverase en escenarios emblemáticos de Compostela, como a Casa das Máquinas, a Sala Capitol, a Riquela, a Borriquita de Belém, a Casa das Crechas, o Pazo de San Roque, o Parque de Bonaval, a sede da SGAE e as dependencias da Secretaría Xeral da Lingua, convertendo a cidade nun auténtico enclave musical e cultural durante catro xornadas.

As xornadas profesionais, entre o mércores 15 e o venres 17, incluirán paneles sobre dereitos de autor, apoio á industria musical e festivais internacionais, ademais de espazos de networking, presentacións de proxectos e sesións de pitching.

No apartado artístico, o público poderá gozar dos showcases de Kreze, Francisco Moreira, Crudas, Melón Jiménez & Lara Wong, Neval e Aksak, así como dos concertos de SeKadra, Leni Pérez, Bala + Acouga + Adhara & Ritman e Exeria + Billy Flamingos + De Ninghures, estes dous últimos na Sala Capitol. A programación complétase o sábado 18 cunha xornada aberta no Parque de Bonaval, con actuacións de Leyenda Ártabra, Fiandola, Coanhadeira e Maghúa.

Desde a súa creación en 2016, o SiSONS Enclave Musical consolidouse como un proxecto singular no panorama cultural galego, apostando pola igualdade, a inclusión, a sustentabilidade e o uso da lingua galega, ademais da innovación e o apoio ao talento emerxente.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Toda a programación do festival, pode consultarse na web www.sisons.gal

Etiquetas

Asociación Cultural tres por catroDirector SisonsFestival SisonsJosé Francisco SaavedraMusicarteSisonssisons 2025
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Festival Sisons converterá Santiago nun escaparate musical internacional do 15 ao 18 de outubro
Actualidad

O Festival Sisons converterá Santiago nun escaparate musical internacional do 15 ao 18 de outubro