Rosalía Morlán, nomeada Filla Predilecta de Trazo nun emotivo acto institucional
O Concello de Trazo celebrou esta mañá un solemne acto institucional para nomear a Rosalía Morlán como Filla Predilecta do municipio. O recoñecemento foi acompañado por centos de familiares, amigos e compañeiros, que quixeron renderlle homenaxe a unha muller que representa os valores de superación, talento e compromiso coa sociedade.