ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Rois solicitaralle ao Goberno a gratuidade da AP-9 entre Padrón e Santiago

Líder Redacción

Líder Redacción

9 de noviembre de 2024 a las 12:28

Compartir
  • O PP apoia a moción ao considerar que suporá un gran beneficio para a comarca aínda que segue denunciando o agravio comparativo con Cataluña
  • O Concello pediralle á Xunta máis recursos para loitar contra a violencia de xénero, cunha maior financiación para os centro de información á muller
  • Promoverá cursos para evitar as estafas dixitais á veciñanza, sobre todo entre as persoas maiores
  • O padrón de habitantes mantense en 4.395 persoas

Rois. 9-11-2024. A Corporación do Concello de Rois aprobou por unanimidade todos os puntos sometidos a debate no pleno celebrado este 8 de novembro, entre eles as tres mocións presentadas polos grupos da oposición. En virtude destes acordos, o Concello solicitaralle ao Goberno central a gratuidade da AP-9 no tramo entre Padrón e Santiago, pediralle á Xunta máis recursos para loitar contra a violencia de xénero e porá en marcha cursos para evitar as estafas dixitais entre a veciñanza.

A revisión do padrón municipal de habitantes a 1 de xaneiro deste ano, que mantén en 4.395 as persoas censadas en Rois, a mesma poboación que un ano antes, foi aprobada por unanimidade

O alcalde, Ramón Tojo, manifestou o apoio do goberno local do PP a proposta socialista para solicitarlle ao Goberno central a gratuidade da autoestrada AP-9 no tramo entre Padrón e Santiago, unha medida que beneficiará a toda a veciñanza e empresarios da comarca. Unha medida similar foi aprobada nos municipios da contorna dende que o Concello de Ames comezou as obras na N-550 no Milladoiro.

Ramón Tojo considerou axeitada a proposta, aínda que reclamou que a gratuidade debería ser para toda a autoestrada AP-9, e que a mesma debería se transferida a Galicia. O alcalde considera un agravio comparativo que noutras comunidades autónomas, como Cataluña, o Goberno central elimine peaxes mentres os mantén en Galicia. “Esta semana saída en prensa que mentres en Cataluña só quedan 51 quilómetros de peaxes, Galicia mantén 334”, asegurou o portavoz popular, Antonio Esparís.

Tamén por unanimidade aprobouse a proposta do BNG relativa ao 25-N para solicitarlle á Xunta máis recursos para loitar contra a violencia machista, entre os que figura mellorar e manter servizos de saúde mental na sanidade pública, mellorar a financiación dos centros de información á muller (CIM) e non privatizar os servizos de atención ás vítimas durante as 24 horas.

O Partido Popular apoio a iniciativa, pedíndolle tamén ao Goberno central medidas que contribúa a mellorar a atención en vez de promulgar leis que poñen en perigo ás propias vítimas como a lei do solo si es si ou a lei trans “que lle permiten a violadores ou presuntos agresores cambiar de sexo, poñendo en perigo as súas vítimas”, segundo explicou o portavoz do goberno municipal, Antonio Esparís.

PP recoñeceu que o CIM Terras de Iria, que atende aos concellos de Rois, Padrón e Dodro necesita máis financiación para atender ás mulleres da comarca.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por outra banda, o Concello de Rois organizará cursos e charlas formativas e informativas entre a veciñanza para evitar as estafas dixitais, como solicitou o BNG nunha moción. Os tres grupos coincidiron que que as persoas maiores son máis vulnerables a este tipo de estafas, especialmente as bancarias, polo que se incluirán cursos de sensibilización dentro do programa dos ‘Cursos de Inverno’ que ten xa en marcha o Concello e nos que se inclúen accións formativas sobre iniciación na informática e uso de aplicacións no teléfono móbil.

Etiquetas

Ap-9rois
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

La Guardia Civil interviene cientos de dosis de heroína y miles de marihuana en Rois
Actualidad

La Guardia Civil interviene cientos de dosis de heroína y miles de marihuana en Rois

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’
Comarca

Padrón, Rois e Dodro súmanse á campaña ‘Merca no teu Comercio’

A veciñanza maior de Rois goza dunha viaxe a Mallorca
Comarca

A veciñanza maior de Rois goza dunha viaxe a Mallorca

Rois asina un convenio coa RAG e SX da Lingua para elaborar o Mapa sociolingüístico escolar municipal
Comarca

Rois asina un convenio coa RAG e SX da Lingua para elaborar o Mapa sociolingüístico escolar municipal