O festival abrirá as súas portas ás 18.30 horas do venres, 6 de setembro. A encargada de inaugurar esta edición será Sés, coa súa música reivindicativa ás 19.45 horas. Seguirana a banda valenciana de reggae Auxili ás 21.35 horas, Kaotiko ás 23.35 horas, Alamedadosoulna á 01.35 horas e A Duendeneta, que pechará a noite dende as 03.05 horas.
O sábado, Os Vacalouras abrirá a xornada ás 12.30 horas, seguido de Monoulious Dop ás 14.00 horas e Ceibarimas ás 16.00 horas. Louband encargarase de animar as rúas de Rianxo, mentres que Pauliña subirá ao escenario ás 19.45 horas, seguida de Mondra ás 21.05 horas. A noite continuará con Lamatumbá ás 22.45 horas, Dios Ke Te Crew ás 00.15 horas, os navarros Skabidean ás 02.00 horas e, novamente, A Duendeneta ás 03.30 horas.
O domingo, 8 de setembro, o festival pechará coas actuacións de Arquivo Adxunto (13.00 horas), Pecha a Cansela (14.00 horas), Broken Rope (16.30 horas), Kondusión Kolérika (17.30 horas), Amoebo (18.30 horas) e Zona Zero (19.30 horas). A cerimonia rematará co tradicional acendido do Facho Guadalupeiro.