Tamén se consolidan iniciativas xa en marcha, como o servizo de conciliación Rianxo Madruga, as axudas ás ANPAS e as subvencións para material escolar, ampliando o seu alcance. Así mesmo, continúan as liñas de apoio ao comercio local, á Confraría de Pescadores e ás entidades deportivas, incrementando as axudas e mellorando instalacións como os campos de fútbol.
No apartado de ingresos, estes distribúense en nove capítulos, destacando os ingresos directos (24,66%), as transferencias correntes (46,08%) e as taxas e prezos públicos (10,08%). As operacións correntes representan o 85,12% do total, mentres que as de capital supoñen o 11,35% e as financeiras o 3,53%.
En canto aos gastos, os principais capítulos corresponden a persoal (30,72%) e gastos correntes en bens e servizos (46,90%). Os investimentos reais ascenden a case 2 millóns de euros. As operacións non financeiras representan o 97,35% do total, fronte ao 2,65% das operacións financeiras.
En conxunto, trátase dun orzamento expansivo que aposta pola mellora dos servizos públicos, o investimento en infraestruturas e o fortalecemento do tecido social e económico do municipio.