Rianxo celebra un aumento de poboación tras anos de baixada constante
O Concello de Rianxo vén de confirmar a cifra definitiva de poboación a 1 de xaneiro de 2025 tras a revisión realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Logo dos axustes efectuados sobre a proposta inicial, o municipio fixa o seu número de habitantes en 10.758 persoas.



