Recollida de alimentos en Frades para as familias necesitadas
27 de novembro de 2023.- O Concello de Frades, en colaboración con Cáritas, abre hoxe a súa tradicional recollida de alimentos para as familias necesitadas do municipio. A campaña, que se organiza por décimo ano consecutivo, estará aberta ata o 21 de decembro.



