Recollida de alimentos en Santiago para os damnificados pola DANA
01/11/2024.- O Concello de Santiago, atendendo á solicitude realizada a través da Federación Española de Municipios e Provincias e en coordinación coa propia FEMP e a Federación Valenciana de Municipios y Provincias, iniciará esta tarde a recollida de produtos de primeira necesidade para o seu envío ás localidades afectadas pola DANA.



