Raxoi confirma que non houbo novas incidencias nas obras da nova EDAR da Silvouta
Ante as informacións xornalísticas sobre a situación do Sistema de Saneamento (SAR), o Concello de Santiago informou que, segundo a comunicación recibida por parte de Acuaes e da dirección da obra, non se rexistraron novas incidencias nas obras da depuradora.