Radio Líder Santiago sortea 3 Meet & Greet para coñecer a Nena Daconte e Cepeda
Esta fin de semana chega As Cancelas Music Fest, dous días de música en directo, bo ambiente e entrada totalmente gratuíta… e en Radio Líder Santiago, emisora oficial do evento, queremos celebralo por todo o alto.
Líder Redacción
13 de noviembre de 2025 a las 12:25
Coincidindo coa participación de Nena Daconte e Cepeda, sorteamos 3 Meet & Greet exclusivos para que poidas coñecelos en persoa. Unha oportunidade única para todos os seus fans que viviredes de preto un dos festivais máis sorprendentes do ano.
O festival arranca este venres 14, coa música de Menta Poleo ás 20:00 h e o concerto de Nena Daconte ás 21:00 h. A festa continúa o sábado 15, cunha tarde repleta das escolas de baile Pasito de Baile, Balance, Priscila Dance e Imperial Dance Company. Desde as 20:00 h tomará o escenario Ortiga, e ás 21:00 h será a quenda de Cepeda, que promete un directo inesquecible.
Ven con quen queiras: familia, amigos ou ese grupo que sempre di iso de “temos que facer máis plans”. Música en directo, bo rollo e o mellor plan para gozar en Santiago.
Mantente atento ás redes sociais e á programación de Radio Líder Santiago para saber como participar no sorteo.



