Preto de 6.000 racións consolida a Festa do Salmón como gran cita gastronómica galega
A Estrada celebrou este 17 de maio unha das edicións máis multitudinarias e emotivas da súa histórica Festa do Salmón. A 52ª edición da cita gastronómica reuniu milleiros de persoas na Praza da Constitución, onde se repartiron preto de 6.000 racións nunha degustación popular que bateu récord de participación hostaleira.