ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PP de Santiago urxe licitar o contrato de limpeza e conserxería, caducado hai 10 anos

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de julio de 2025 a las 11:49

Compartir
  • Borja Rubio insistiu en que “non hai nin un só contrato dos importantes para a cidade que o goberno nacionalista sexa quen de xestionar e licitar; e iso, simplemente, é inasumible para unha capital como Santiago de Compostela”.
  • “Levamos dous anos denunciando esta situación en Plenos, comisións e medios- insistiu o popular- e o silencio e a parálise do goberno local son escandalosos, nin actúa nin dá explicacións, é como se este problema non existise, pero para centos de familias é unha realidade cada día”.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Borja Rubio, vén de pedir, de novo, a licitación do contrato de limpeza e conserxería dos colexios, que leva case dez anos caducado sen que os nacionalistas parezan ter présa por arranxar unha situación que é claramente irregular.

“Este contrato leva caducado dende o ano 2016, polo que -subliñou o popular- en case unha década de gobernos tripartitos PSOE, BNG e CA, non foron quen de licitalo e, agora, con dous anos de mandato nacionalista, tampouco hai ningún avance, o que supón un escándalo institucional e unha burla ás familias, ás traballadoras e ao Pleno”.

O concelleiro popular  insistiu en que “a inacción sistemática dos distintos gobernos locais que, desde 2015, veñen ignorando a necesidade de renovar o contrato de limpeza e conserxería dos colexios públicos de Santiago”.

Rubio lembrou que esta cuestión foi levada en varias ocasións ao Pleno polo PP e que, neste mesmo mandato, todos os grupos, nós, BNG, PSOE e CA, apoiaron, por unanimidade, unha moción para esixir a inmediata licitación deste servizo esencial, polo que estamos ante “unha decisión do órgano democrático principal do Concello que goberno local está a incumprindo de maneira reiterada e deliberada”.

“Mentres tanto, indicou o edil popular, os traballadores e traballadoras seguen atados a unhas condicións laborais desiguais, obsoletas e precarias, sen marxe de mellora nin seguridade xurídica, un escenario que é inxusto e intolerable, non é de recibo que as persoas que sosteñen a estrutura diaria dos centros escolares leven anos traballando nun limbo administrativo, ignoradas polo goberno nacionalista”.

Rubio advertiu tamén do deterioro progresivo do servizo, coa consecuencia directa de que a limpeza e a conserxería nos colexios están cada vez máis tensionadas, “afectando á calidade dos centros e á seguridade das crianzas”.

“Levamos dous anos denunciando esta situación en Plenos, comisións e medios- insistiu o popular- e o silencio e a parálise do goberno local son escandalosos, nin actúa nin dá explicacións, é como se este problema non existise, pero para centos de familias é unha realidade cada día”.

Borja Rubio destacou que “este é un exemplo paradigmático do modelo de xestión do BNG en Santiago, cun goberno que nin xestiona, nin escoita, desobedece acordos plenarios aprobados por unanimidade, e que deixa pasar os anos mentres se deteriora un servizo público esencial”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“A realidade -insistiu Rubio- é que non hai nin un só contrato dos importantes para a cidade que o goberno nacionalista sexa quen de xestionar e licitar: a auga, o transporte, o alugueiro dos autobuses, a municipalización do parking da Praza de Galicia, o modelo de xestión da  Praza de Abastos; e iso, simplemente, é inasumible para unha capital como Santiago de Compostela”.

Etiquetas

basuralixopoliticaSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago