Padrón prepárase para aproveitar o tirón turístico do eclipse solar do 12 de agosto
O Concello de Padrón participou recentemente nunha xornada de divulgación técnica celebrada no Pazo de Mariñán, organizada polo Servizo de Promoción e Desenvolvemento Turístico da Deputación da Coruña. O encontro estivo centrado no eclipse solar previsto para o vindeiro 12 de agosto, un fenómeno que se perfila como un evento de gran atractivo para a provincia.



