Os versos de Uxío Novoneyra, Tenório Telles e Moon Chung-Hee incorpóranse ao Xardín das Pedras que Falan
En recoñecemento ao poeta Uxío Novoneyra, a alcaldesa de Santiago puxo en valor no seu discurso a relación entre a chuvia e a literatura: “case se podería escribir unha antoloxía única e exclusivamente con poemas e textos literarios, creados na nosa lingua, dedicados á chuvia” e “se hai un autor na literatura de noso que cantou a chuvia de xeito persistente na súa obra, ese foi sen dúbida Uxío Novoneyra”. Para Goretti Sanmartín, o verso escollido do autor do Courel: Chove pra que eu soñe, «non pode ser máis acaído, porque ademais de ser referencial da súa pegada poética, este verso xa forma parte do noso imaxinario literario».