Os maiores de Rois que viven sós reciben cartas da cativada para acompañalos neste Nadal
Líder Redacción
26 de diciembre de 2023 a las 19:47
Líder Redacción
26 de diciembre de 2023 a las 19:47
Rois. 26-12-2023. As persoas maiores de Rois que viven soas sentiron neste Nadal o agarimo da veciñanza cun agasallo especial. Como xa é tradición, o Concello de Rois colaborou co proxecto posto en marcha polo colexio CPPI dos Dices para o envío de cartas con debuxos e mensaxes cheas de ilusión e de afecto realizadas polo alumnado co obxectivo de facelos partícipes destas festas.
“Vivir soa unha persoa non é sinónimo de sentirse só. E nós, como comunidade, debemos traballar arreo para que isto non sexa un bonito desexo polo Nadal, senón unha realidade cotiá”, subliñaba o alcalde, Ramón Tojo, na carta que acompañaba a cada un destes traballos.
Deste xeito, a cativada aprende a necesidade de axudar a combater a soidade das persoas maiores que residen no municipio e que, por unha ou outra razón, pasaron este Nadal lonxe dos seus seres queridos.
Recibe las noticias en tu correo.