A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, fixo un balance moi positivo desta edición dos Bonos Consuma, “que están plenamente consolidados como un clásico do Nadal en Ames que a veciñanza apoia e espera ano tras ano. Seguiremos explorando vías de colaboración co noso comercio local nesta dirección e, por suposto, manteremos os Bonos Consuma como unha ferramenta clave de apoio ao consumo de proximidade e á dinamización da economía local”.
Esta edición adheríronse á campaña un total de 108 establecementos comerciais e hostaleiros de Ames de practicamente todos os sectores: zapaterías, decoración, establecementos de estética, moda e complementos, moda infantil… En total descargáronse 3.282 bonos durante o período no que estivo dispoñible o saldo destinado á iniciativa. Xerouse un gasto de 249.750,62 euros nos comercios e establecementos de Ames.
Datos sobre o gasto xerado
A maior parte do gasto xerado polos Bonos Consuma repercutiu no comercio polo miúdo, cun volume de negocio de 228.544,96 euros. Pola súa banda, os servizos persoais concentraron un gasto de 14.830,57 euros, mentres que a hostalaría rexistrou un total de 4.168,19 euros.
Unha gran axuda ao comercio local