O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción Económica, puxo en marcha o pasado 14 de decembro unha nova campaña das tarxetas desconto “Bonos Consuma”, unha iniciativa para promover e reactivar o consumo no comercio local. Este ano hai adheridos á campaña 105 negocios de comercio e hostalería de Ames.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, adiantou que “vendo as previsións de gasto, é moi probable que se esgoten os bonos nestes días, superando así as cifras da campaña do ano pasado na que se esgotaron os bonos en 20 días” e tamén animou á veciñanza a facer as últimas compras coas tarxetas desconto “porque está a piques de rematar o orzamento dispoñible do programa”.
Ata este luns, 23 de decembro, descargáronse máis de 2.892 bonos e consumiuse máis do 75% do orzamento destinado a esta campaña en só 10 días, previndo que se esgote o saldo nestas vindeiras xornadas. Deste xeito, consumíronse máis de 44.600 euros dos 60.000 euros destinados pollo Concello aos Bonos Consuma. Por outra banda, xerouse un gasto superior aos 185.000 euros, sendo cifras moi positivas para o comercio local de Ames.
A iniciativa dos Bonos Consuma, posta en marcha por primeira vez en 2021, non deixa de medrar edición tras edición. O seu obxectivo é promover e incentivar o consumo nos comercios e establecementos locais de Ames, ademais de axudar á veciñanza a aforrar nas compras durante as festas de Nadal.
Como funcionan os Bonos Consuma?