Orzamentos Participativos 2025: xa se poden presentar propostas dirixidas á mocidade
Xa está en marcha unha nova edición dos Orzamentos Participativos da área de Mocidade, á que a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude destina unha partida de 100.000 euros. No marco deste proceso, ven de abrirse o prazo para a presentación de propostas. Poden realizalas todas as persoas que o desexen, con independencia da súa idade, sempre que as actividades suxeridas estean dirixidas aos mozos e mozas.