ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

O PSdeG estuda accións legais contra a “campaña de difamación” do programa Código 10 de Cuatro

O PSdeG anunciou que estudará “todas as accións posibles” fronte ao que cualifica como unha “campaña de difamación” por parte do programa Código 10, da cadea Cuatro. Nun comunicado feito público, os socialistas galegos aseguran que se trata dunha “groseira campaña de desinformación” arredor “dun asunto tan sensible como o acoso”, no que, segundo subliñan, “hai moitas persoas implicadas, coa conseguinte afectación de distintos dereitos”.

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de diciembre de 2025 a las 14:01

Compartir

O partido advirte de que “faltar á verdade, transmitir falsedades sen o necesario contraste e sen a oportuna réplica non só produce desinformación, senón que atenta gravemente contra a honorabilidade de moitas persoas”, e remarca de forma contundente que “difamar non é informar”.

No comunicado, o PSdeG reafirma varios puntos que considera fundamentais. En primeiro lugar, sostén que “xamais ningunha vítima se dirixiu á dirección do PSdeG. Xamais”. Ademais, asegura que a dirección do partido “sempre recomendou denunciar cando tivo coñecemento, a través dun terceiro, por primeira vez o pasado 7 de outubro, dun presunto acoso”, engadindo que “minte quen diga o contrario”.

Así mesmo, o PSdeG sinala que “ata 3 persoas da dirección do partido atenderon en 4 ocasións á familiar da vítima e recomendáronlle que esta denunciase”. Indican tamén que “esixiron explicacións en dúas ocasións ao presunto acosador, que o negou”, todo iso “sen que ningunha vítima presentase a necesaria denuncia para iniciar o proceso, tal e como recolle a lei”. Por este motivo, o partido considera que “é de novo falso que non se fixese nada” e subliña que “fixose todo o que se podía cando aínda non estaba presentada ningunha denuncia”.

O comunicado engade que “cando se fixo pública 1 denuncia contra o presunto acosador na canle fronte ao acoso do PSOE, o PSdeG aplicou o protocolo antiacoso do partido e pediu a dimisión inmediata a José Tomé”, sinalando que “o partido volveu actuar con contundencia”.

Segundo indica o PSdeG, “quedou demostrado que todas as datas e feitos relatados polo Secretario Xeral de Galicia na rolda de prensa do pasado venres son veraces e quedan refrendados”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por todo iso, o partido esixe “unha rectificación ao programa” e reclama que, co obxectivo de “garantir unha información veraz e contrastada”, se faga eco “dos datos e actuacións achegados por esta parte”, para non incorrer “nunha manobra de desinformación nun asunto tan sensible e con claros danos á honorabilidade de moitas persoas”.

Galería — 2 fotos
1 / 2
Ampliar

Etiquetas

Casó toméPSdeG
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

El PSdeG apuesta también por Besteiro como candidato en las elecciones de 2028
Actualidad

El PSdeG apuesta también por Besteiro como candidato en las elecciones de 2028

Besteiro promete revitalizar a Sanidade «na UCI despois de 15 anos de desmantelamento do PP»
Actualidad

Besteiro promete revitalizar a Sanidade «na UCI despois de 15 anos de desmantelamento do PP»

Besteiro reivindica un “mar azul cheo de vida” e libre das “mentiras” de Rueda
Actualidad

Besteiro reivindica un “mar azul cheo de vida” e libre das “mentiras” de Rueda