ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PSdeG denuncia o deterioro “inaceptable” do campo de fútbol de Conxo

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de febrero de 2026 a las 22:07

Compartir
  • A concelleira socialista Marta Abal alerta da falta de mantemento e das deficiencias que afectan á seguridade e á dignidade das persoas usuarias dunha instalación clave para o deporte base en Santiago.

Os socialistas anuncian que levaron a reforma integral á negociación dos orzamentos municipais e advirten de que non aceptarán solucións parciais nin actuacións sen planificación, recursos suficientes e calendario definido.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2026. A concelleira socialista Marta Abal advertiu do “deterioro absolutamente inaceptable” que presenta o campo de fútbol de Conxo e anunciou que as e os socialistas levaron a súa reforma integral á negociación dos orzamentos municipais.

“O campo de fútbol de Conxo non pode seguir neste estado. Estamos falando dunha instalación municipal que cada semana utilizan centos de nenos e nenas, familias e equipos da nosa cidade. Un espazo clave para o deporte base en Santiago que hoxe presenta un deterioro absolutamente inaceptable”, sinalou.

Segundo explicou, as deficiencias non son puntuais nin recentes. “Hai falta de mantemento e problemas que afectan á seguridade e á dignidade das persoas usuarias. E isto non é algo novo”, afirmou, incidindo en que a situación é coñecida desde hai tempo sen que, ao seu xuízo, o goberno local adoptase medidas de fondo.

Abal rexeitou que a solución pase por actuacións parciais ou intervencións limitadas e advertiu de que a inacción tamén implica responsabilidade política. “O estado do campo de Conxo non se arranxa con solucións a medias nin mirando para outro lado. Porque non facer nada tamén é unha decisión política”, indicou.

Para a concelleira, a resposta debe ser estrutural e planificada. “O que fai falta é unha reforma integral, seria e planificada”, subliñou. Nese marco, recalcou que “a reforma do campo de fútbol de Conxo non é unha proposta máis”, senón “unha condición que as e os socialistas levamos á negociación dos orzamentos”, deixando claro que “non imos aceptar solucións a medias”.

A edil reclamou así unha intervención “rigorosa, con recursos suficientes, cun calendario claro e cun orzamento acorde ás necesidades reais”, e situou o caso de Conxo dentro do que considera unha falta de resposta do executivo municipal ante necesidades básicas nos barrios.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Santiago merece un goberno que actúe. E merece unha alcaldesa que cumpra, que non permita que o abandono se converta na norma nos nosos barrios”, concluíu, reiterando que “non facer nada tamén é decidir”.

Etiquetas

campo de futbolconxodenunciapoliticapsdgSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.