Ante esta situación, Borja Verea remarcou: “temos algunhas preguntas que queremos que nos conteste o BNG, xa que antes de dar comezo as festas da Ascensión, os nacionalistas recoñecían que había un informe de Patrimonio que prohibía as accións previstas no Obradoiro, supoñemos que, se ese informe era desfavorable, é porque advertía de posibles danos no noso patrimonio, polo que queremos que se faga público dito documento desfavorable para as actuacións con grandes tráileres nesta praza”.
O líder popular destacou que, tras as actuacións con grandes camións, son visibles importantes danos, xusto na zona onde se apoiaron eses vehículos, polo que “queremos saber si estes danos foron analizados polos técnicos do Concello e se son consecuencia, como todos supoñemos, das actuacións con grandes camións”.
“Estamos falando dunha praza que é Patrimonio da Humanidade, unha das prazas máis importantes do mundo, e o goberno de Santiago debería ser o máximo garante de protexer o noso patrimonio”, incidiu.
O BNG debe dar explicación
“Non se pode aceptar que, cun informe desfavorable sobre a mesa, se autoricen eventos
que danen o noso patrimonio, polo que lle facemos tres preguntas ao BNG: queremos
coñecer, e que se faga público, o contido exacto dese informe desfavorable; queremos
saber tamén quen autorizou as actuacións, sabendo que existía dito documento; e
queremos saber se os danos materiais sufridos na praza do Obradoiro, son consecuencia
destas actuacións, así como o alcance dos mesmos; e, por suposto, se alguén ten pensado
asumir algún tipo de responsabilidade”, reiterou Borja Verea