Na súa intervención, o concelleiro popular tamén reprochou que BNG, CIG e Galiza Nova “ensuciaran as rúas con carteis ofensivos”, mentres “a propia alcaldesa, co seu comportamento, ensuciaba a imaxe institucional de Santiago”.
“Non é a imaxe de Santiago que queremos”, dicía hai pouco a propia alcaldesa, pero os seus radicais empapelan a cidade ante o seu silencio cómplice”, lamentou o edil popular.
Así, preguntou, “Vaise multar a alcaldesa a si mesma?” . E pediu explicacións sobre se se “ordenou xa iniciar os expedientes sancionadores por ensuciar a cidade. Incumpriron a ordenanza e os autores son perfectamente identificables, os carteis levan o seu logo”, sinalou.
“Supoñemos -destacou De la Fuente- que será a propia alcaldesa e o BNG os que paguen esas multas”.
Finalmente, o concelleiro popular esixiu responsabilidades tamén ao PSOE e aos non adscritos, que fixeron posible o goberno do BNG en Santiago. “Goretti Sanmartín é alcaldesa porque o 17 de xuño de 2023 o PSOE e os non adscritos a puxeron na alcaldía. Se permiten esta deixación de funcións, son tan responsables coma ela de que Santiago non estea sendo representada coa dignidade e o respecto institucional que merece”.