ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

O PP de Santiago propón iniciar os trámites para que a capital sexa Cidade Amiga da Infancia

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de abril de 2026 a las 15:18

Compartir
  • Yolanda Otero explica que “deste xeito se reforzarían os intereses e dereitos da infancia en Santiago, ao tempo que será un reflexo da vontade e compromiso coa promoción, difusión e aplicación da Convención sobre os dereitos do neno na nosa cidade”.
  • “Por isto, -explicou Otero- o goberno nacionalista, no ámbito das súas competencias, debe reflectir unha xestión que garanta os dereitos e benestar da poboación máis moza de Compostela”.

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, vén de propoñerlle ao goberno de BNG e CA que “inicie os trámites para que a capital de Galicia obteña o Selo de Recoñecemento Cidade Amiga da Infancia, co fin de reforzar os intereses e dereitos da infancia, ao tempo que será un reflexo da vontade e compromiso coa promoción, difusión e aplicación da Convención sobre os dereitos do neno na nosa cidade”.

“Por todo isto, -explicou Otero- o goberno nacionalista, no ámbito das súas competencias, debe reflectir unha xestión que garanta os dereitos e benestar da poboación máis moza de Compostela”.

Otero lembrou que “o eido municipal xoga un papel fundamental na vida da rapazada, porque é a súa contorna máis próxima, onde viven, rin, choran, xogan, se desenvolven, e na que poden gozar dos seus dereitos, polo que, neste contexto, hai unha responsabilidade política local que debe traducirse en accións concretas”.

A edil popular subliñou que “o Santiago do presente ten unha infancia e adolescencia activa, polo que a cidade do futuro precisa dunha xuventude preparada, polo que deben ser un sector da poboación obxecto de especial atención e protección para garantir o seu axeitado desenvolvemento ata chegar a vida adulta”.

Así, Otero explicou que “UNICEF reflicte que o benestar da infancia e adolescencia empeorou tras a pandemia da covid-19 e, en España, as taxas de pobreza infantil seguen a ser unhas das máis elevadas de Europa”.

A través do Recoñecemento Cidade Amiga da Infancia, UNICEF Comité Español, destaca aos gobernos locais que amosan o seu compromiso cuns obxectivos marco fixados, que seguen un modelo de xestión dende a óptica dos dereitos das nenas e nenos, que conten con mecanismos reais de participación infantil e adolescente e que conten cunha estratexia a longo prazo para situar á infancia e adolescencia no epicentro das políticas e accións impulsadas dende os gobernos locais.

A Rede de Cidades Amigas da Infancia, posta en marcha en España no ano 2001,  esténdese a máis de 300 concellos do territorio español, abarcando case a metade da poboación infantil do país.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ser Cidade Amiga da Infancia implica o compromiso dos gobernos locais e os seus socios para lograr cinco obxectivos marco: cada neno e nena é valorado, respectado e tratado xustamente dentro das súas comunidades; as voces, necesidades e prioridades de cada neno e nena escóitanse e considéranse nas normativas e políticas públicas, nos orzamentos e en todas as decisións que lles afectan; todos os nenos e nenas teñen acceso a servizos esenciais de calidade; todos os nenos e nenas viven en contornas seguras e limpas; e todos os nenos e nenas teñen a oportunidade de gozar da vida familiar, o xogo e o ocio.

Etiquetas

cidade amiga da infanciapartido popular (PP)politica
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.