ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

O PP de Santiago pide un aumento das prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida

 

Líder Redacción

Líder Redacción

28 de febrero de 2024 a las 16:43

Compartir

 

 

“A capital de Galicia debe contar cun número suficiente deste tipo de prazas, para dar cobertura ás necesidades reais da veciñanza, polo que é necesario que se estude incrementar a cantidade existente, sobre todo en zonas de sobrecarga socio-sanitaria ou económica, entre outras”, remarcou Yolanda Otero.

Dende o Grupo Popular de Santiago, incídese na necesidade de mellorar o control na utilización das tarxetas que dan dereito a empregar estas prazas de estacionamento, xa que só poden usalas as persoas titulares deste documento.

O Partido Popular de Santiago reclámalle ao Goberno do BNG que incremente o número de prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, posto que son claramente insuficientes. A concelleira, Yolanda Otero, subliñou que o Goberno nacionalista non ten feito nada para solucionar as necesidades das persoas con problemas de mobilidade, nin está a promover medidas que compensen as desvantaxes que sofren.

“A capital de Galicia debe contar cun número suficiente de prazas para persoas con problemas de mobilidade, co fin de dar cobertura ás necesidades reais da veciñanza, polo que é necesario que se estude incrementar a cantidade existente, sobre todo, en zonas de sobrecarga socio-sanitaria ou económica, entre outras”, remarcou.

A popular non só reclama o aumento de ditas ubicacións, senón que lle solicita o Goberno do BNG que elimine os riscos existentes a carón das existentes, co fin de evitar inseguridade viaria, posto que moitos destes sitios atópanse en lugares non adecuados para o seu uso, xa que as persoas afectadas saen directamente ao tráfico da rúa ou a unha beirarrúa que non poden salvar.

Otero Balsa considera que para levar a cabo as tarefas de mellora, resulta fundamental contar co apoio e asesoramento do tecido asociativo da cidade, que aglutina ao maior número de persoas usuarias das referidas prazas.

Por outra banda, dende o Partido Popular de Santiago, incídese na necesidade de mellorar o control na utilización das tarxetas que dan dereito a empregar estas prazas de estacionamento, xa que só poden usalas as persoas titulares deste documento.

Hai que sinalar que a accesibilidade é un dos maiores retos nas cidades e un indicador do progreso e de desenvolvemento social, que esixe unha mirada inclusiva no deseño das diferentes estratexias públicas. Por isto, debe ser prioritario contribuír a que as contornas e os servizos dunha cidade sexan accesibles para toda a veciñanza.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Actualmente as persoas con problemas de mobilidade poden atoparse nunha situación de desvantaxe respecto do resto da veciñanza para a realización de determinadas actividades da vida cotiá e, particularmente, para acceder a espazos comunitarios, de aí a necesidade de reforzar os mecanismos e instrumentos que permiten compensar esas posibles desvantaxes.

Etiquetas

aparcamentocompostelamobilidade reducidapoliticappradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.