A concelleira do Partido Popular de Santiago, Nerea Barcia, vén de denunciar que as festas populares non están a cobrar as axudas do Concello, polo que reitera que se proceda ao pago das mesmas, que nalgúns casos, hai retrasos de case dous anos; e que se elabore un novo formato de peticións de subvencións, é dicir, unha fórmula que simplifique o proceso burocrático que teñen que levar a cabo as comisións de festas.
“Cando teñen pasado case dous anos, subliñou Barcia- os obstáculos seguen a ser os mesmos, pero o tempo de pago alóngase e empeora, cada vez máis, polo que as comisións prefiren non contar coas subvencións ás que poderían acceder, ante a falta de compromiso co abono das mesmas por parte do goberno local”.
A realidade, remarcou a edil popular, é que “nin simplificaron os trámites, nin se toman en serio as pequenas axudas que ofrece este goberno municipal, sobre todo, se as comparamos con outras de concellos limítrofes, que son dun importe moito máis elevado, e, a maiores, facilítanlles elementos ou espazos idóneos para as celebracións”.