Lamentou ademais que “tiveron tempo de sobra para avaliar e encargar, polo menos, unha simple reparación, que debería terse levado a cabo no verán, pero os rapaces chegaron este mes de setembro e os vestiarios seguen exactamente na mesma situación”, denunciou o edil popular.
“No campo de fútbol Suso Conde de Villestro, -agregou- levan anos esperando por unha substitución integral do céspede que xa non pode esperar máis, posto que superou, hai varios anos, a súa vida útil, xa que non se recomenda o uso máis de dez anos”.
De la Fuente insistiu en que “a situación é tan grave que algúns deportistas aseguran que moitas das lesións que se teñen producido ultimamente débense ao ruinoso estado do firme, que non garante un mínimo de seguridade”.
“O cambio de céspede está no pacto de orzamentos entre PSOE, BNG e CA desde 2023, pero estamos case rematando 2025 e nada se sabe sobre isto, nin sobre a ampliación da instalación e a construción de novas zonas de adestramento, ademais dun campo anexo de Fútbol-8 e o soterramento das liñas de alta tensión que rodean á instalación”.
“Esta claro -subliñou De la Fuente- que ao BNG e CA se atáscaselles a xestión; non estamos a falar dun expediente de contratación especialmente complicado. Se o goberno nacionalista fora dilixente podería terse executado a substitución do céspede no Suso Conde neste verán, pero esa non parece ser unha razón que anime aos concelleiros a traballar para cumprir eses prazos.