“Como defendemos dende o Partido Popular de Santiago, -explicou Olaya Otero- trátase de regular e non como fai o BNG que centra as súas políticas, tamén as turísticas, en prohibir, o que trae como consecuencia frear o desenvolvemento non só económico, senón que tamén cultural de Compostela”.
Para as populares, é importante destacar que estas dúas localidades son claros exemplos de encontro entre habitantes e visitantes xa que, aínda que teñen características moi diferentes entre elas, ambas desenvolven políticas de diálogo e consenso, de non confrontación.
Unha das medidas estudadas sería a tomada por Segovia, que conseguiu frear o deterioro e abandono do seu Casco Antigo, grazas a convivencia de veciños, visitantes e á rehabilitación de pisos para o alumnado das dúas universidades coas que conta o termo municipal.
Otero indicou que “os nacionalistas deberían xestionar dende a responsabilidade, a transparencia e a escoita activa, tendo en conta á veciñanza e aos principais colectivos do sector, conseguindo a través do diálogo a convivencia harmoniosa, duns e outros, en lugar de xerar conflitos, xa que, é claro que si noutros lugares é posible, en Compostela tamén o é, pero fai falla capacidade de xestión e interese real en acadar dito obxectivo”.
“Lamentablemente o pouco coidado que o BNG poñen nas políticas de turismo, quedou patente, novamente, coa campaña que presentaron o pasado xoves en FITUR, cunha presentación “descafeinada” e que transmitía “ningún orgullo de ser de Santiago”.