O PP de Pontecesures pide mobilización veciñal para recuperar a Festa da Lamprea
O portavoz do Partido Popular en Pontecesures, Manuel Vidal Seage, fixo un chamamento á veciñanza para impulsar a recuperación da Festa da Lamprea despois de que o goberno local decidise non celebrala por terceiro ano consecutivo. O edil considera que, se existe vontade organizativa, aínda sería posible sacar adiante esta cita gastronómica durante a primavera.