O Pino incrementa a contía dos premios no II Concurso de Decoración de Nadal
• As inscricións poderán formalizarse do 5 ao 19 de decembro presentando por rexistro ou sede electrónica o formulario e tres fotos
• Establécense dúas categorías: familiar e colectiva
• Nesta segunda convocatoria os galardóns chegan aos 350, 250 e 150 euros para o primeiro, segundo e terceiro posto en cada modalidade
• O Concello busca fomentar o ambiente festivo en rúas e vivendas



