ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaSociedad

O Pino busca persoas voluntarias para un proxecto de verán vinculado ao Camiño de Santiago

• Está dirixido á mocidade do municipio de entre 16 e 30 anos e desenvolverase nos meses de xuño, xullo e agosto deste ano
• As persoas interesadas deberán poñerse en contacto co departamento de Deportes antes do 24 de xaneiro ás 14.00 horas

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de enero de 2025 a las 13:39

Compartir

O Pino. 16-1-2025.- O Concello do Pino lanza unha proposta para coñecer se hai persoas interesadas en participar como voluntarias nun proxecto que se desenvolverá nos meses de xuño, xullo e agosto. Esta iniciativa, vinculada ao Camiño de Santiago, ten como obxectivos principais fomentar a actividade física e o benestar, potenciar o patrimonio cultural e turístico da nosa contorna e promover a participación cidadá.

Este Servizo de voluntariado xuvenil 2025 estará regulado polas bases recollidas no Diario Oficial de Galicia (DOG), publicado este 15 de xaneiro. A orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude recolle as bases que rexerán a concesión de subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais, baixo o código de procedemento BS320A.

No municipio do Pino, as persoas de entre 16 e 30 anos que estean interesadas en participar nesta iniciativa deberán manifestar o seu interese antes do 24 de xaneiro ás 14.00 horas. Para solicitar máis información, aclarar dúbidas ou apuntarse como voluntarias, deberán contactar co departamento de Deportes de forma presencial nas oficinas municipais, chamando ao teléfono 981 511 002 ou enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@opino.gal. A proposta está aberta a toda a mocidade do municipio.

O proxecto ten unha duración de entre 15 e 60 días, con xornadas de 6 horas diarias, e busca implicar a mocidade galega entre 16 e 30 anos. As actividades incluirán a posta en valor do Camiño de Santiago mediante iniciativas que combinen o deporte, o patrimonio cultural e a conexión coa comunidade local. Tamén se fomentará o contacto coa veciñanza e os peregrinos, promovendo valores de solidariedade, integración e respecto polo medio.

As persoas seleccionadas recibirán formación específica sobre as actividades a desenvolver e apoio continuado durante todo o proxecto. Ademais, ao finalizar o programa, entregaranse certificados de participación e experiencias voluntarias, recoñecidos oficialmente pola Dirección Xeral de Xuventude.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Con este proxecto, o Concello do Pino reafirma o seu compromiso co desenvolvemento da mocidade, a valorización do Camiño de Santiago e o fortalecemento da nosa identidade cultural. Animamos á mocidade a implicarse nesta iniciativa que, ademais de ser unha experiencia persoal enriquecedora, contribúe ao benestar colectivo e á dinamización social e turística da nosa contorna.

Etiquetas

o pinosociedadevoluntariado
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago