ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Comarca

O Pino abre o prazo de inscrición para o programa de conciliación Lecer Semana Santa

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de marzo de 2026 a las 10:46

Compartir
  • O programa está dirixido a menores de entre 3 e 12 anos e desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril
  • O prazo de inscrición remata o 26 de marzo
  • As persoas interesadas poden cubrir a ficha nas dependencias municipais ou descargala na web opino.gal
  • A actividade conta con 50 prazas e desenvolverase no Pavillón Municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago

O Pino. 12-3-2026- O Concello do Pino abre o prazo de inscrición para a actividade Lecer Semana Santa 2026, unha iniciativa incluída no programa municipal de conciliación que ten como obxectivo facilitar ás familias do municipio a compatibilidade da vida laboral e familiar durante o período de vacacións escolares.

O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril de 2026, coincidindo co calendario escolar de Semana Santa. As actividades levaranse a cabo nas instalacións do Pavillón Municipal e nos exteriores do CPI Camiño de Santiago, en Arca (O Pedrouzo). O horario será de 8.00 a 15.00 horas, establecéndose a recollida dos participantes entre as 13.30 e as 15.00 horas.

O prezo da actividade será de 15 euros polos catro días de servizo. As familias numerosas contarán cun desconto do 20 % a partir do segundo fillo, e as familias monoparentais tamén terán un desconto do 20 %, presentando a documentación acreditativa correspondente.

As inscricións poderán realizarse ata o 26 de marzo mediante a ficha dispoñible nas dependencias municipais, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou descargándoa na web municipal www.opino.gal. A solicitude deberá presentarse xunto co xustificante de pagamento antes da data límite establecida. A listaxe de persoas admitidas publicarase no taboleiro de edictos e na páxina web municipal.

O programa conta con 50 prazas e, no caso de que o número de solicitudes supere a oferta, estableceranse criterios de prioridade. Terán preferencia os menores empadroados no Concello do Pino cunha antigüidade mínima de tres meses, así como aqueles cuxos proxenitores estean en situación laboral activa ou en busca de emprego ou formación. Tamén se terá en conta a escolarización en centros educativos do municipio, o nivel de renda familiar e outras circunstancias sociais como familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero, persoas con discapacidade ou situacións de risco de exclusión social, entre outros supostos.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Esta iniciativa forma parte das accións que desenvolve o Concello do Pino para favorecer a conciliación familiar e laboral, ofrecendo alternativas de ocio educativo para a infancia durante os períodos non lectivos.

Etiquetas

lecer semana santao pino
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.