O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, visita Padrón
O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, visitou onte a Casa de Rosalía en Padrón, onde anunciou que o seu Ministerio financiará a redacción do proxecto de restauración do edificio Murguía. Este paso inicial permitirá avanzar na recuperación deste emblemático espazo, clave para a actividade da Fundación Rosalía de Castro.



