O Grupo Municipal Socialista reclama solucións urxentes para dotar de saneamento á Curuxeira
Marta Abal pide ao Concello que priorice a dotación de saneamento na Curuxeira e alerta dos vertidos de augas fecais e dos riscos ambientais e sanitarios que sofre a zona, instando ao Goberno local a cumprir cos compromisos co rural compostelán.



