O executivo municipal tamén aprobou o expediente de contratación das obras de rehabilitación integral do complexo deportivo de Santa Isabel, un proxecto financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – NextGenerationEU, cun orzamento base de licitación de 3.018.449,40 (base impoñible de 2.494.586,28 € máis IVE do 21% polo importe de 523.863,12 €).
Entre o Sar e o Sarela
Ademais, no marco proxecto “Entre o Sar e o Sarela”, aprobouse o proxecto básico e de execución da obra coñecida como “Barrio verde da Pontepedriña”, centrada na renaturalización do tecido urbano entre a rúa de Amor Ruibal e o parque Eugenio Granell e a creación dun corredor ecolóxico. O orzamento desta actuación é de 1.922.386,59 euros e o seu prazo de execución, de 7 meses.
Entre as intervencións incluídas neste proxecto está o deseño dun corredor verde e o cambio na mobilidade en Amor Ruibal, reasignando o espazo existente deixando só un carril para cada sentido, implantando de carril bici e reordenando o estacionamento e os servizos urbanos. O proxecto tamén inclúe a investigación e implementación de solucións baseadas na natureza para a xestión da auga de choiva, favorecendo a infiltración no terreo, así como a mellora ecolóxica das zonas verdes existentes.
Tamén se aprobou a adxudicación do contrato “Servizo de Asistencia Técnica, Redacción do Proxecto Básico e Execución e Dirección Facultativa (DO+DEI+CSS) da «Naturalización da lagoa do Auditorio e restauración fluvial do río Corgo» á empresa PROYFE SL por 83.490,00 € (base impoñible de 69.000,00 € máis IVE do 21% de 14.490,00 €).
Obras no rural
En relación ás obras no rural compostelán, o Goberno municipal acordou a aprobación do expediente para licitar os traballos de rexeneración do pavimento de calzada da Rúa de San Martiño (Aríns), dentro do POS, cun orzamento base de licitación de 322.512,48 € (base impoñible de 266.539,24 € máis IVE do 21% por valor de 55.973,24 €).
Outros asuntos
A Xunta de Goberno local tamén deu luz verde ao texto do convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela para a custodia, conservación e xestión do arquivo histórico do Concello no depósito do AHUS (Arquivo Histórico Universitario), e a difusión e divulgación entre o persoal investigador en xeral e da USC en particular, por un importe de 25.000 euros anuais durante os catro anos de vixencia do convenio.