O Concello de Santiago únese ao Plan Dous Millóns do Clúster do Deporte
28/11/2023.- A alcaldesa de Santiago asinou un acordo de colaboración co Clúster Galego da Industria do Deporte e do Benestar para formar parte do Movemento Dous Millóns, que busca incentivar a práctica da actividade física entre a cidadanía co reto de chegar aos dous millóns de persoas que fan deporte en Galicia.



