O Concello de Oroso inicia as obras definitivas para mellorar o carril da Praza Isaac Díaz Pardo
O Concello de Oroso vén de poñer en marcha os traballos definitivos para corrixir as deficiencias detectadas no carril de vehículos da Praza Isaac Díaz Pardo, unha actuación que busca garantir a seguridade e a durabilidade deste espazo público.