O Concello de Arzúa abre o prazo de inscrición para a XXIII Liga Local de Fútbol Sala
Desde o Departamento de Deportes do Concello de Arzúa infórmase de que este xoves, 15 de xaneiro de 2026, ábrese o prazo de inscrición para participar na XXIII edición da Liga Local de Fútbol Sala Concello de Arzúa, unha competición xa consolidada no calendario deportivo municipal.
Líder Redacción
14 de enero de 2026 a las 20:41
A liga está dirixida a persoas e equipos afeccionados do municipio e da contorna, co obxectivo de fomentar a práctica deportiva, a participación e os valores do deporte base nun ambiente de convivencia e xogo limpo.
As inscricións poderán realizarse de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:00 horas, na Oficina de Cultura e Deportes, situada na rúa Padre Pardo, 33 – 1º andar (Edificio María Mariño).
Así mesmo, as persoas interesadas poderán obter información e formalizar a inscrición chamando aos teléfonos 981 500 222 ou 676 172 978, preguntando por Pachal.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o martes 27 de xaneiro de 2026 ás 14:00 horas.
Desde o Concello de Arzúa anímase á veciñanza a participar nesta nova edición dunha liga que, ano tras ano, contribúe a dinamizar a vida deportiva local e a promover hábitos de vida saudables a través do deporte colectivo.
Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Deportes do Concello de Arzúa dentro do prazo establecido.



