O Compostela Esgrima arrasa no primeiro Torneo Ranking Galego
Excepcional inicio de tempada para o Compostela Esgrima no primeiro Torneo Ranking Galego, onde o club compostelán se alzou como o gran dominador da cita ao liderar o medalleiro con 8 medallas. Ademais, destacou pola súa ampla participación, con 14 tiradores e tiradoras en todas as categorías.



