Mondra é un dos nomes máis sobranceiros da escena musical do país. Co seu álbum debut, titulado ARDĒN (Altafonte, 2023), acadou o recoñecemento unánime de público e crítica, xunto a outros galardóns, como o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024, ou o Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025 por MARIMONDRA.
No mes de maio de 2025, lanzou o seu segundo traballo discográfico, DE RONDA (Altafonte, 2025). DE RONDA preséntase nun espazo-tempo que toma todo o seu sentido en A RONDA, a case homónima e segunda produción escénica do artista. Nela,
baixo a dirección artística do bailarín e coreógrafo Daniel Rodríguez, o novo discográfico cobra vida a través das voces, os sintetizadores e o son das percusións tradicionais, cunha sofisticada e visual posta en escena.
Sobre o escenario, Mondra está acompañado por Artur Puga, Julia Sánchez-Biezma, Xabi Gómez e Saínza Piñeiro, que conforman a banda, e Sabela Domínguez e Jandros Rodríguez como intérpretes de danza.