O BNG de Ribeira condena o ataque ao monumento ás vítimas do franquismo no Malecón
O BNG de Ribeira quere expresar a súa rotunda condena ante o ataque vandálico sufrido polo monumento en homenaxe ás vítimas da represión franquista situado no Malecón, ao que lle arrincaron a placa explicativa e romperon a iluminación. O espazo de memoria democrática para dignificar e honrar ás máis de 100 veciñas e veciños represaliados pola ditadura e ás súas familias fora inaugurado, en novembro do 2023, polo alcalde Luís Pérez Barral, o historiador da CRMHB José Antonio Pérez, María Dolores Sanlés e Celia García familiares de represaliados e a escultora Soledad Penalta.