ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaNoticia LíderSociedad

O músico compostelán Roi renace cun novo proxecto musical: «A terapia axudoume moito»

O cantante e comunicador Roi Méndez foi o protagonista dunha recente entrevista en Radio Líder Santiago, onde fixo un percorrido pola súa traxectoria profesional e persoal, abordando sen complexos temas como o seu paso por Operación Triunfo (OT), a súa carreira máis alá da música e a importancia de coidar a saúde mental.

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de abril de 2025 a las 00:21

Roi e Álvaro Veiga nos estudios de Radio Líder Santiago

Compartir

Co seu característico sentido do humor e honestidade, Roi compartiu anécdotas, reflexións e aprendizaxes que marcaron o seu camiño ata o momento actual. Falou do esforzo que require manterse na industria musical, da súa experiencia na televisión e da necesidade de atopar un equilibrio entre a vida pública e a persoal.

Roi estrea o seu novo proxecto musical chamado R01, no que se presenta como un alter ego con forma de boneco para cantar sobre as emocións do día a día dun xeito máis honesto e próximo. ‘Perfecto desastre’ é o primeiro sinxelo desta nova etapa, coa que pretende publicar máis temas nos vindeiros meses. Hai unhas semanas, o cantante anunciou nas redes sociais que o seu nome artístico deixaba de ser ‘Roi Méndez’ para ser só ‘Roi’, un primeiro paso cara á súa nova identidade.

Os tres momentos clave da súa carreira

Durante a conversa, Roi destacou tres momentos que recorda con especial agarimo na súa traxectoria. O primeiro deles foi o seu primeiro concerto, no certame Música Xove, celebrado na Sala Capitol de Santiago. «Foi a primeira vez que me subín a un escenario grande, nun sitio onde tocara moita xente importante, e pensei: ‘Vale, isto é real’», contou con emoción. Lembrou tamén que participou con Frat Fly, unha banda que tivo certa notoriedade ao saír en Disney Channel. «Foi un punto de inflexión para min», recoñeceu.

O segundo instante clave foi a súa primeira actuación cunha orquestra, que tivo lugar na sala Queen en Porriño. Roi contou entre risas unha anécdota curiosa: «Eu mesmo puxen un cubata antes de saír a cantar no altofalante. O xerente da orquestra botoume unha bronca tremenda», relatou cun sorriso. Esta experiencia marcou unha transición na súa carreira, pois foi un momento no que empezou a tomarse a música de forma máis profesional.

O terceiro momento que marcou a súa carreira foi o concerto de OT no Santiago Bernabéu, un dos eventos máis grandes da xira dos concursantes. «Foi unha tolemia, porque daquela non era habitual facer concertos no Bernabéu. Éramos 16 artistas e había milleiros de persoas alí», comentou. Porén, Roi recoñeceu que non puido desfrutalo como lle gustaría: «Estaba en piloto automático, non era consciente do que estaba pasando. Agora vexo os vídeos e penso: ‘Ojalá o tivese vivido doutro xeito’». Este evento, aínda que impresionante, foi unha mostra da velocidade e estrés coa que se vivía aquela etapa.

O paso por OT e o despois

Ao falar do seu paso por OT, Roi explicou que, se ben a experiencia foi incrible, o despois non sempre foi doado. «Hai moita idealización ao redor deste programa, pero a realidade é que despois tes que seguir traballando moito para manterte», expresou.

Engadiu que cada artista xestiona de maneira distinta a fama repentina e que, no seu caso, aprendeu a relativizar o impacto mediático: «O máis importante é non esquecer quen es antes de entrar». Tamén falou sobre o apoio entre os concursantes e como mantén amizades con moitos deles: «Fixemos unha familia dentro, pero cada un seguiu o seu camiño».

A importancia da saúde mental

Outro dos puntos fortes da entrevista foi a súa reflexión sobre a saúde mental, un tema que aborda sen tabús. «A terapia axudoume moito», confesou. Explicou que o proceso de adaptación despois de OT foi complexo e que acudir a profesionais lle permitiu atopar un equilibrio.

«Durante un tempo, sentíame moi perdido. Tiña que demostrar quen era continuamente, e iso é agotador», comentou. Agora, asegura estar nun punto de madurez no que se sente máis seguro de si mesmo e da súa carreira. «Non teño medo a dicir que hai momentos nos que un necesita axuda, e non pasa nada por pedila», subliñou.

O futuro: entre a música e a comunicación

Con respecto aos seus proxectos, Roi Méndez asegurou que seguirá apostando pola música, pero sen pecharse a outras oportunidades. «A día de hoxe, permítome facer o que me fai feliz», concluíu.

Explicou que traballa en nova música, pero que quere ir con calma e lanzar os proxectos cando realmente estea satisfeito con eles. Ademais, sinalou que lle gusta manterse en contacto co seu público de forma natural, sen imposicións. «A xente valora a autenticidade, e iso é algo que aprendín nestes anos», asegurou.

Con esta entrevista, Roi non só reafirmou o seu talento e versatilidade, senón que tamén deixou unha mensaxe clara: o éxito é un camiño persoal e cambiante, no que o máis importante é manterse fiel a un mesmo.

A entrevista completa, no seguinte enlace.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

EntrevistamusicaOTroi
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026
Actualidad

Estrella Galicia y Aluminios Cotizo, entre los grandes protagonistas de los Premios Industria y Energía 2026

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

DELACUEVA, este viernes en Sala Sónar: “Para mí, el pop es todo lo que es accesible y tarareable”
Actualidad

DELACUEVA, este viernes en Sala Sónar: “Para mí, el pop es todo lo que es accesible y tarareable”

Ángel Sevilla: autenticidad, raíces y lucha en una carrera construida desde abajo
Actualidad

Ángel Sevilla: autenticidad, raíces y lucha en una carrera construida desde abajo