O alcalde de Padrón agradécelle ao cadro de persoal a súa implicación durante os días de temporal
Padrón. 29-1-2025. O alcalde de Padrón, Anxo Arca, tivo hoxe palabras de agradecemento para as traballadoras e traballadores municipais que durante estes días estiveron traballando arreo para minimizar os efectos do temporal, para garantir a seguridade e atender ás emerxencias que se produciron.



