O alcalde de Melide móstralle o seu apoio aos bombeiros de Arzúa
José Manuel Pérez, alcalde de Melide, vén de manter unha reunión con representantes do Parque de Bombeiros de Arzúa na que se abordou a situación que están a sufrir os bombeiros comarcais de Galicia, en folga dende o pasado mes de xuño reivindicando melloras laborais.



