Nadal Solidario en Padrón a favor da Fundación Andrea
Líder Redacción
13 de noviembre de 2023 a las 13:47
Álvaro Veiga, director de Radio Líder Santiago junto a Charo Barca, presidenta de Fundación Andrea | Archivo
- O pavillón do Souto acolle diferentes actividades para a cativada entre as 16.00 e as 20.30 horas
- O custo da entrada benéfica é de 2 euros

Padrón. 13-11-2023.- O Concello de Padrón colabora na organización do Nadal Solidario que terá lugar o 17 de decembro en favor da Fundación Andrea, entidade que presta apoio ás familias con nenos e nenas que sofren enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.
O pavillón do Souto será o escenario para unha tarde chea de propostas para a cativada que incluirá un toro mecánico, inchables, música, obradoiros, servizo de cafetería, sorteos e moitas sorpresas entre as 16.00 e as 20.30 horas.
A entrada solidaria ten un custo de 2 euros.