Nace en Brión a Asociación Veciñal Pego-Sar para defender os intereses veciñais e o patrimonio rural
Un grupo de corenta persoas constituíu a Asociación Veciñal Pego-Sar nunha asemblea celebrada na Casa da Cultura de Brión. A nova entidade centrará as súas actividades na parroquia dos Ánxeles, concretamente en O Cabo, Cirro, Gándara, O Rial, Outeiro e Vilanova.



